A semana pasada a profe María preparou unha sesión de relax/meditación, a partir do vídeo traballado nas aulas "RESPIRA". A finalidade, atopar confort e benestar e lidiar coas emocións. Eles pasárono xenial e algún conseguiu relaxarse verdadeiramente.
Por fin chegaron as esperadas vacacións de Nadal!. Disfrutade destes días e collede enerxía para a volta! Vémonos pronto!😄🎄🎁⛄😊🍭💋 FELICES FESTAS A TODOS!
A semana pasada tivo lugar a final Intercentros de Trompos e Buxas, e o noso compañeiro Hugo obtivo o segundo posto na modalidade "escachar". Alegrámonos moito todos! Noraboa compañeiro!
A semana pasada celebramos os aniversarios de Íker e Tatiana. Nesta ocasión cambiamos a receita fresca de chocolate por unha torta de limón quentiña...Mediron, riron e mesturaron a partes iguais...o resultado unha torta deliciosa. Parabéns rapaces!