FELICES FESTAS A TODOS!
lunes, 25 de diciembre de 2017
BO NADAL!!!
Por fin chegaron as esperadas vacacións de Nadal!. Disfrutade destes días e collede enerxía para a volta! Vémonos pronto!😄🎄🎁⛄😊🍭💋
FELICES FESTAS A TODOS!
FELICES FESTAS A TODOS!
viernes, 8 de diciembre de 2017
TROMPOS E BUXAS
A semana pasada tivo lugar a final Intercentros de Trompos e Buxas, e o noso compañeiro Hugo obtivo o segundo posto na modalidade "escachar". Alegrámonos moito todos! Noraboa compañeiro!
ANIVERSARIOS OUTUBRO /NOVEMBRO
A semana pasada celebramos os aniversarios de Íker e Tatiana. Nesta ocasión cambiamos a receita fresca de chocolate por unha torta de limón quentiña...Mediron, riron e mesturaron a partes iguais...o resultado unha torta deliciosa. Parabéns rapaces!
jueves, 30 de noviembre de 2017
martes, 28 de noviembre de 2017
viernes, 24 de noviembre de 2017
O NOSO CORPO
De aquí ata que remate o trimestre na área de ciencias naturais investigaremos e estudaremos o corpo humano, organización, funcións vitais e hábitos de hixiene e coidado. Quen quere empezar?
Enlaces relacionados:
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe 25 de novembro celébrase o día Internacional de loita contra a violencia de xénero. Entre todos temos que contribuír á construcción dunha sociedade máis concienciada para que nun futuro non sexa necesario celebrar este día.
Dende o noso cole e para conmemorar este dia, nenos de 5º e 6º de primaria xunto ao profe Juan prepararon unha canción que sen dúbida non deixará indiferente a ninguén.
AIREARTE
Esta semana celébrase a Semana da Ciencia, na que se desenvolven actividades que permiten aos alumnos introducirse en aspectos que esperten o seu interese cara á ciencia e que faciliten desenvolver habilidades e incrementar o seu coñecemento. Este ano dedícaselle ao Aire e xa que no noso cole estamos no proxecto de Arte, finalmente quedou co titulo "AIREARTE".
Grazas á profe Luz por prepararnos uns experimentos tan divertidos!
Grazas á profe Luz por prepararnos uns experimentos tan divertidos!
jueves, 23 de noviembre de 2017
A CONDUTA PAS
Fai uns días tivemos a sorte de poder realizar un pequeno taller práctico dirixido pola Cruz Vermella. Explicáronnos como responder ante un accidente, conduta PAS. Tamén nos falaron de como resolver algúns dos accidentes máis habituais que podedes ver no vídeo.
lunes, 20 de noviembre de 2017
PRIMEIRAS MANCHAS
Antes de comezar co proxecto de Arte, deixamos voar a imaxinación utilizando diferentes técnicas, case todas elas relacionadas coa pintura e a escultura. O obxectivo fundamental é perder o medo para crear e espertar a creatividade. Podedes ver tamén o resultado final do mural colaborativo que realizamos entre as tres aulas de 4º de primaria sobre o coñecido cadro "O grito" de Munch; pintada con cores tipicos de outono e representando unha emoción vinculada ao samain, o medo.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d151293604k7414425o1l1/primeiras-manchas
lunes, 13 de noviembre de 2017
ANIVERSARIOS SETEMBRO
Martín, Miguel e Óscar fixeron unha torta riquísima! Que ben o pasaron! Parabéns aos tres!
viernes, 3 de noviembre de 2017
Xa esta
aquí o blogue dos nenos e
nenas de 4ºA, onde publicaremos traballos,
fotografías, noticias, ligazóns e producións propias.
"A Arte" polo que nos pareceu apropiado
que o blogue que empezabamos este
curso estivese relacionado co que íamos investigar e aprender.
Despois de
numerosas propostas e outras tantas
roldas de selección finalmente "MANCHAS
DE CORES" foi o elixido.
É
un nome orixinal e alegre que
convida a perder o medo fronte a
un lenzo branco,
a mesturar cores e técnicas,
que soa a movemento,
que nunca permanece igual...é
un nome co que nos sentimos identificados e baixo o
cal compartiremos numerosas
experiencias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)