viernes, 24 de noviembre de 2017

O NOSO CORPO

De aquí ata que remate o trimestre na área de ciencias naturais investigaremos e estudaremos o corpo humano, organización, funcións vitais e hábitos de hixiene e coidado. Quen quere empezar?





Enlaces relacionados:




DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro celébrase o día Internacional de loita contra a violencia de xénero. Entre todos temos que contribuír á construcción dunha sociedade máis concienciada para que nun futuro non sexa necesario celebrar este día.

Dende o noso cole e para  conmemorar este dia, nenos de 5º e 6º de primaria xunto ao profe Juan prepararon unha canción  que sen dúbida non deixará indiferente a ninguén.





AIREARTE

Esta semana celébrase a Semana da Ciencia, na que se desenvolven actividades que permiten aos alumnos introducirse en aspectos que esperten o seu interese cara á ciencia e que faciliten desenvolver habilidades e incrementar o seu coñecemento. Este ano dedícaselle ao Aire e xa que no noso cole estamos no proxecto de Arte, finalmente quedou co titulo "AIREARTE".
Grazas á profe Luz por prepararnos uns experimentos tan divertidos!




jueves, 23 de noviembre de 2017

A CONDUTA PAS

Fai uns días tivemos a sorte de poder realizar un pequeno taller práctico dirixido pola Cruz Vermella. Explicáronnos como responder ante un accidente, conduta PAS. Tamén nos falaron de como resolver algúns dos accidentes máis habituais que podedes ver no vídeo.


lunes, 20 de noviembre de 2017

PRIMEIRAS MANCHAS



Antes de comezar co proxecto de Arte, deixamos voar a imaxinación utilizando diferentes técnicas, case todas elas relacionadas coa pintura e a escultura. O obxectivo fundamental é perder o medo para crear e espertar a creatividade. Podedes ver tamén o resultado final do mural colaborativo que realizamos entre as tres aulas de 4º de primaria sobre o coñecido cadro "O grito" de Munch; pintada con cores tipicos de outono e representando unha emoción vinculada ao samain, o medo.





http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d151293604k7414425o1l1/primeiras-manchas









viernes, 3 de noviembre de 2017

PRIMEIRO DÍA DE CLASE.. comeza o cole con ilusión, ganas de ver, falar e xogar cos compañeiros, historias que contar, nervios...😉






Xa esta aquí o blogue dos nenos e nenas de 4ºA, onde publicaremos traballos, fotografías, noticias, ligazóns e producións propias.

Este ano no noso colexio desenvolverase un proxecto de centro titulado 
"A Arte" polo que nos pareceu apropiado que o blogue que empezabamos este curso estivese relacionado co que íamos investigar e aprender.

Despois de numerosas propostas e outras tantas roldas de selección finalmente "MANCHAS DE CORESfoi o elixido.

É un nome orixinal e alegre que convida a perder o medo fronte a un lenzo branco, a mesturar cores e técnicas, que soa a movemento, que nunca permanece igual...é un nome co que nos sentimos identificados e baixo o cal compartiremos numerosas experiencias.

Esperamos que disfrutedes tanto coma nós!

Benvidos a este novo curso escolar!