domingo, 10 de junio de 2018

ANIVERSARIOS!

Alex, Alberto , Noa e Santi fixéronnos un biscoito de chocolate para celebrar os seus aniversarios! estaba delicioso!




jueves, 19 de abril de 2018

ANIMACIÓN A LECTURA

Moitas grazas a Nuria e Martina por facernos pasar unha hora tan divertida escoitando os dous contos que nos prepararon con tanto humor e agarimo. Esperamos vervos pronto por aquí!








CONCERTO


A semana pasada o noso compañeiro Marcos e o profe Juan sorprendéronnos tocando a " canción heroica en modo frigio" de Keith Ramon Cole, co saxofón e teclado. Foi moi emocionante escoitalos, así que animamos a Marcos a que siga practicando... e vólvanos a regalar outra canción.



domingo, 1 de abril de 2018

A CAZADORA DE ESTRELAS

A semana pasada visitounos María Canosa, autora do libro "A cazadora de estrelas".
Megumi, a súa protagonista, enganchou rapidamente a todos os nenos e nenas ca súa valentía e intelixencia dirixida a romper as normas actuales da sociedade...
Nos disfrutamos moitisimo co libro e ca vista de María!
Gracias por vir e compartir un ratiño tan especial con nos!




miércoles, 21 de febrero de 2018

ANIVERSARIOS DECEMBRO-XANEIRO

Lore e Rober decidiron facer unha deliciosa torta de limón para celebrar os seus aniversarios...e claro, tantas risas... que perdemos a conta dos vasos que da fariña...😂😂😂😂😂😂 ... así e todo estaba ríquísima, tanto que non deixamos nin as migas. Parabéns rapaces!




LEONARDO DA VINCI


...e por fin visitamos a exposición sobre o xenio Leonardo Dá Vinci na que innovación, creatividade, ciencia e tecnoloxía danse a man nun percorrido polas grandes achegas á humanidade do xenio máis grande xamais coñecido. Unha experiencia interactiva, didáctica e moi enriquecedora.....
Que ben o pasamos!




domingo, 28 de enero de 2018

SESIÓN RELAX

A semana pasada a profe María preparou unha sesión de relax/meditación, a partir do vídeo traballado nas aulas "RESPIRA". A finalidade, atopar confort e benestar e lidiar coas emocións. Eles pasárono xenial e algún conseguiu relaxarse verdadeiramente. 





VÍDEO: SESIÓN RELAX


Agora hai que seguir practicando na casa, deixóvos algúns enlaces que usamos na clase. Espero que disfrutedes.


domingo, 21 de enero de 2018

RESPIRA

 Esta semana traballamos a partir dunha bonita cortometraxe na que se explica como podemos axudar  a manexar as emocións tanto nenos como adultos.


Podedes seguir practicando na casa, aquí tendes o enlace: